Terra · empresa · tecnoloxía

Apps de xestión feitas aquí, para empresas de aquí.

Deseñamos, montamos e mantemos aplicacións á medida para adegas, transportistas, asociacións e despachos. Ti pagas unha cota mensual; nós encargámonos de que funcione.

Dúas formas de axudarte

Apps de xestión por cota

Unha app pensada para o teu traballo, no móbil e no ordenador. Sen mercar licenzas nin instalar programas: nós aloxámola, facemos as copias de seguridade e imos mellorándoa.

  • Feita á medida de como traballas
  • Copias de seguridade e actualizacións incluídas
  • Soporte directo, sen centralitas

Ordenar a túa empresa

Antes da app, a orde. Miramos xuntos papeis, facturas e procesos, e deixamos claro quen fai que, que se cobra e que se debe.

  • Facturación, cobros e remesas ao día
  • Procesos e tarefas por escrito
  • Do papel e o Excel solto a un só sitio

Apps en marcha

O que xa funciona en empresas da zona

Capturas reais das apps. Os nomes, importes e datos que aparecen son inventados.

Socalco

unha app de Xeitia

Viñedo e adega: parcelas SIXPAC, caderno de campo, depósitos, embotellado, trazabilidade e QR para as etiquetas.

Captura da app Transporte (1/3)Captura da app Transporte (2/3)Captura da app Transporte (3/3)

Transporte

Documentos de control (DeCA) con código QR, portes propios e subcontratados, e facturación do mes.

Captura da app Cadro de mando (1/2)Captura da app Cadro de mando (2/2)

Cadro de mando

Sobe as facturas en PDF e a app lé soa: de onde sae o diñeiro, custos e marxe por mes e por envío.

Captura da app Asociacións (1/3)Captura da app Asociacións (2/3)Captura da app Asociacións (3/3)

Asociacións

Socios, fichas, cotas, remesas SEPA, carnés e control de accesos para asociacións veciñais e clubs.

Captura da app Despachos (1/3)Captura da app Despachos (2/3)Captura da app Despachos (3/3)

Despachos

Axenda de citas compartida para oficinas e despachos profesionais: semana, día e citas sen solapamentos.

Captura da app Comunidades (1/2)Captura da app Comunidades (2/2)

Comunidades

Incidencias de comunidades de veciños con semáforo de prazos, provedores e taboleiro de seguimento.

Como traballamos

  1. 01

    Falamos

    Imos verte e cóntasnos que che quita tempo. Sen compromiso e sen tecnicismos.

  2. 02

    Montamos a app

    Ensinámosche unha primeira versión en poucas semanas e axustámola co teu equipo ata que encaixe.

  3. 03

    Cota mensual

    Cota mensual pechada: dicímosche o prezo exacto na primeira visita, antes de comezar. Inclúe aloxamento, copias de seguridade, cambios pequenos e soporte. Sen sorpresas na factura.

Cóntanos que che quita tempo

Contestámosche nós, normalmente o mesmo día.

hola@xeitia.gal
655 73 28 27 · WhatsApp
O Carballiño · Ourense